A Escola de Danza “Perla de Arosa” foi fundada en agosto de 1988, onde comenza a impartir clases de Ballet Galego, dona Elena Parada, bailarina titulada do ballet Rey de Viana e actual directora e profesora de ballet galego da mencionada escola.
A súa primeira actuación tivo lugar nas festas patronais de Vilagarcía de Arousa, no ano 1989. A partir desta data e diante do crecemento masivo do alumnado (150 alumnas/os na actualidade), introdúcese a modalidade de ballet clásico, onde as alumnas e os alumnos prepáranse e preséntanse aos exames do curso correspondente de ballet da Royal Academy of Dance de Londres, sendo examinados pola nomeada academia na propia escola e orixinariamente os exames tiñan lugar na escola de ballet galego Rey de Viana, na Coruña, obtendo excelentes resultados.
En novembro do 2006 incorpórase Paula Sal, alumna da escola desde o ano 1991 como profesora de ballet galego, compaxinándoo co seu paso polo ballet galego Rey de Viana como bailarina titular. No ano 2009 asume a responsabilidade da preparación do alumnado de ballet clásico.
No seu amplo repertorio, a tradición clásica e folclore galego mestúranse na danza de carácter para dar forma a un estilo propio, fiel ao perfilado polo Ballet Rey de Viana. Tras a súa primeira representación pública, e escola percorreu practicamente toda España e outros países transmitindo e divulgando os riquísimos elementos autóctonos máis representativos do baile tradicional ensamblados coas formas da danza culta.
Nos seus espectáculos conviven os bailes máis tradicionais e recoñecidos cos de nova creación e a vistosidade dos mesmos ten moito que ver cunha rica posta en escena á que contribúe a selección de música que acompaña a cada coreografía, ademais do seu coidado e característico vestiario, que serve para realzar aínda máis o esforzo, traballo e ilusión dos bailaríns que a forman.

Benvida a Escola de Danza "Perla de Arosa" de Vilagarcía ao mundo dos blogs. Moitos éxitos.
ResponderEliminarSaudiña e sorte,
Xermán Torres