sábado, 13 de julio de 2013
REPORTAXE GRÁFICA DA ACTUACIÓN EN VILAXOÁN
Con motivo da celebración da VIII SEMANA NÁUTICA E CULTURAL de Vilaxoán, que tamén conmemora o 50 ANIVERSARIO DA TRAVESÍA A NADO DO PORTO DE VILAXOÁN, realizamos unha actuación do grupo de danza galega da nosa ESCOLA DE DANZA "PERLA DE AROSA" na vila mariñeira vilaxoanesa. Agradecemos aos directivos e organizadores da Semana Náutica e Cultural o ternos invitado un ano máis, unha convocatoria máis aos seus actos culturais e festivos. Ofrecemos unha serie de instantáneas tomadas o sábado 13 de xullo de 2013, entre as 21:00 h. e as 22:00 h.:
domingo, 19 de mayo de 2013
ACTUACIÓN DE SANTA RITA
Nun artigo de D. Pereira-Vilagarcía o Faro de Vigo fai referencia a actuación de Perla nas festas e inclúe a imaxe que ofrecemos. Os medios locais cubriron perfectamente a nosa actuación. Agradecemos e desexamos que sigan a colaborar con nós. Son moi necesarios para difundir as nosas actividades. Dende aquí, dámoslles as GRAZAS!
PERLA DE AROSA EN SANTA RITA
ACTUACIÓN NO AUDITORIO, DÍA 18
Sin embargo el principal atractivo de la primera jornada festiva fue el ballet folclórico Perla de Arosa que centralizó toda la atención en el Auditorio Municipal, ya por la noche. Los bailarines de esta agrupación volvieron a demostrar su arte sobre el escenario dejando el listón muy alto a los próximos grupos que también pondrán su grano de arena a uno de los programas más austeros de los últimos años.
ASÍ REFLEJABA EL DIARIO DE AROUSA LA ACTUACIÓN DE "PERLA DE AROSA", CON TEXTO DE FF. VILAGARCÍA Y FOTO DE E. MOLDES.
domingo, 12 de mayo de 2013
ACTUACIÓN NAS FESTAS DE SANTA RITA
O SÁBADO 18 DE MAIO DE 2013, ÁS 21:00 H. E NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA, ACTUACIÓN DE "PERLA DE AROSA" CO GALLO DAS FESTAS DE SANTA RITA.
"Perla de Arosa" está a preparar unha nova actividade, se todas as xestións saen ben e as expectativas se cumpren daremos boa conta desta novedade, agora está en período de xestación, se todo sae como se pensa, xa bos enteraredes, sería algo moi importante. Estade atentos. Unha pista, serían outras actuacións, homenaxes e experiencias culturais alén mar.
Pero agora, hai que centrarse na actuación deste sábado nas festas de Santa Rita. A danza en Arousa ten moito que ver con "Perla de Arosa" e sobre todo aquí na nosa cidade. O sábado a disfrutar todos con Perla.
sábado, 25 de agosto de 2012
UN VERÁN DE DANZA
Despois da actuación en Madrid co gallo da celebración da Festividade do Apóstolo Santiago e do Día de Galicia, da participación na ledicia da voda da nosa compañeira, Marta Paulos, da asistencia á Festa do Mexillón en Vilanova de Arousa, veu a nosa xa tradicional intervención no Desfile das Carrozas nas Festas Patronais de San Roque da nosa cidade.
Agora a piques de comenzar o novo curso sigue a preparación nas clases de danza clásica e galega. A pesares de crise, que non pare a danza!
lunes, 1 de agosto de 2011
FOTOS DE CEUTA E PRÓXIMAS ACTUACIÓNS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





