Powered By Blogger

domingo, 19 de mayo de 2013

PERLA DE AROSA EN SANTA RITA

ASÍ TITULA LA VOZ DE GALICIA-AROUSA A REPORTAXE FOTOGRÁFICA DE MÓNICA IRAGO (DA QUE INCLUIMOS UNHA DAS IMAXES): "Perla de Arousa danza para Santa Rita". FELICES FESTAS!

ACTUACIÓN NO AUDITORIO, DÍA 18

Sin embargo el principal atractivo de la primera jornada festiva fue el ballet folclórico Perla de Arosa que centralizó toda la atención en el Auditorio Municipal, ya por la noche. Los bailarines de esta agrupación volvieron a demostrar su arte sobre el escenario dejando el listón muy alto a los próximos grupos que también pondrán su grano de arena a uno de los programas más austeros de los últimos años. ASÍ REFLEJABA EL DIARIO DE AROUSA LA ACTUACIÓN DE "PERLA DE AROSA", CON TEXTO DE FF. VILAGARCÍA Y FOTO DE E. MOLDES.

domingo, 12 de mayo de 2013

ACTUACIÓN NAS FESTAS DE SANTA RITA

O SÁBADO 18 DE MAIO DE 2013, ÁS 21:00 H. E NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA, ACTUACIÓN DE "PERLA DE AROSA" CO GALLO DAS FESTAS DE SANTA RITA. "Perla de Arosa" está a preparar unha nova actividade, se todas as xestións saen ben e as expectativas se cumpren daremos boa conta desta novedade, agora está en período de xestación, se todo sae como se pensa, xa bos enteraredes, sería algo moi importante. Estade atentos. Unha pista, serían outras actuacións, homenaxes e experiencias culturais alén mar. Pero agora, hai que centrarse na actuación deste sábado nas festas de Santa Rita. A danza en Arousa ten moito que ver con "Perla de Arosa" e sobre todo aquí na nosa cidade. O sábado a disfrutar todos con Perla.

sábado, 25 de agosto de 2012

UN VERÁN DE DANZA

Despois da actuación en Madrid co gallo da celebración da Festividade do Apóstolo Santiago e do Día de Galicia, da participación na ledicia da voda da nosa compañeira, Marta Paulos, da asistencia á Festa do Mexillón en Vilanova de Arousa, veu a nosa xa tradicional intervención no Desfile das Carrozas nas Festas Patronais de San Roque da nosa cidade. Agora a piques de comenzar o novo curso sigue a preparación nas clases de danza clásica e galega. A pesares de crise, que non pare a danza!

lunes, 1 de agosto de 2011

FOTOS DE CEUTA E PRÓXIMAS ACTUACIÓNS








As próximas actuacións serán os días:

- 13 de agosto, coloboración na Ofrenda Floral.
- 14 de agosto, actuación de ballet en Vilanova de Arousa.
- 17 de agosto, actuación na Xunqueira coa Banda de Música de Vilagarcía.
- 21 de agosto, participación nas Carrozas.

jueves, 21 de julio de 2011

VIAXE CULTURAL A CEUTA






A ESCOLA DE DANZA "PERLA DE AROSA" EMBAIXADORA DE VILAGARCÍA NAS FESTAS DO APÓSTOLO-2011 NA CIDADE AUTÓNOMA DE CEUTA
Cunha invitación do Centro Galego ceutí e do Concello de Ceuta o grupo de danza Aires de Dorna da Asociación de Amas de Casa de Ribeira e a Escola de Danza "Perla de Arosa" de Vilagarcía de Arousa realizarán unha viaxe de carácter turístico e cultural para representar á Comarca de Arousa e a Galicia nas Festas de Santiago Apóstolo e no Día de Galicia na cidade de Ceuta.
A embaixada vilagarciana partirá o xoves 21 ás 20:30 h. xunto cos compañeiros de Ribeira para desplazarse en autobús deica a cidade de Alxeciras para dende alí trasladarse en ferry deica Ceuta.
O venres 22 disporán do día para o coñecemento turístico e lúdico da fermosa cidade de Ceuta.
O sábado 23 serán recibidos oficialmente no Salón Noble do Concello por parte do Alcalde de Ceuta e procederase a un intercambio de agasallos.
O domingo 24 na zona amurallada da cidade, onde se atopa o Centro Galego, terá lugar unha cea de gala, onde haberá unha actuación por parte dos ballets galegos de Aires de Dorna de Ribeira e de Perla de Arosa de Vilagarcía. Tanto o escenario como as mesas, onde se servirá o banquete, estarán ao aire libre, nun marco natural de envidiable beleza onde se pode disfrutar dunha fermosa panorámica da cidade ceutí.
O luns 25 de xullo, Día de Santiago Apóstolo e Día de Galicia os grupos participarán ataviados cos nosos fermosos traxes rexionais na Misa e nun pasarrúas polas principais rúas de Ceuta. Despois do xantar a delegación arousana emprenderá o retorno á Nosa Terra.

Desexamos unha boa viaxe, estancia en Ceuta e feliz retorno aos nosos bailaríns e gaiteiros e que deixen ben alto o pavillón galego nas lonxanas e belidas terras ceutíes. - A DIRECTIVA DA ASOC. CULTURAL "PERLA DE AROUSA" DE VILAGARCÍA.

viernes, 1 de julio de 2011

JOSÉ JUAN DURÁN, SOCIO DE HONRA

Na reunión da Xunta Directiva da Asociación Cultural "Perla de Arousa" do día 18/06/2011, tomouse a resolución unánime de nomear Socio de Honra da asociación polos méritos contraidos, pola súa bonhomía e polo seu benfacer no eido da cultura a D. José Juan Durán Hermida.

Despois desta decisión da xunta directiva, na primeira aparición pública do Ballet Galego da Escola de Danza "Perla de Arosa", que foi o luns 27/06/2011, dentro das actividades programadas da Semana Náutica de Vilaxoán, sobre as 21:30 h. fíxoselle entrega pública do nomeamento a D. José Juan Durán Hermida, a quen se lle rendeu un merecido homenaxe e se lle amosou o cariño que Perla de Arousa lle tributa.

Noraboa ao homenaxeado con desexos de moito éxito na súa vida.