Powered By Blogger

sábado, 12 de marzo de 2011

NOVA VISITA DE JOSÉ JUAN DURÁN HERMIDA





Ás 14:00 h. do sábado, 12 de marzo de 2011, realizou unha visita ás instalacións da Escola de Danza "Perla de Arosa" o Vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra e Deputado Delegado de Cultura, José Juan Durán Hermida, para facer entrega da subvención á Asociación Cultural "Perla de Arousa", correspondente ao ano 2010, nunha contía de 4.000 € e tamén para manifestar o respaldo da Deputación ao proxecto Perla de Arousa, no labor de formación de ballet e danza galega de tantas mozas e mozos da nosa cidade e comarca.

Compartiu uns intres do ensaio sabatino da Escola, centrado na danza galega e na preparación de espectáculos e próximas actuacións. Mañán mesmo ás 19:30 h., Perla de Arosa actuará no L Aniversario do Club de Fútbol de Ribadumia, no Auditorio da fermosa e importante vila saliniense. E o día 8 de abril participará nun festival folclórico na vila de Valle-Inclán, na igualmente fermosa e recoñecida, Vilanova de Arousa.

Ao final desta visita, a Presidenta da Asociación e Directora da Escola, Elena Parada e o Tesoureiro, Xermán Torres tiveron unhas verbas de recoñecemento e agradecemento ao apoio da Deputación, na persoa do seu Vcpte., José Juan Durán Hermida, quen se caracteriza por ser un magnífico valedor de Perla de Arosa.