Powered By Blogger

lunes, 1 de agosto de 2011

FOTOS DE CEUTA E PRÓXIMAS ACTUACIÓNS








As próximas actuacións serán os días:

- 13 de agosto, coloboración na Ofrenda Floral.
- 14 de agosto, actuación de ballet en Vilanova de Arousa.
- 17 de agosto, actuación na Xunqueira coa Banda de Música de Vilagarcía.
- 21 de agosto, participación nas Carrozas.

jueves, 21 de julio de 2011

VIAXE CULTURAL A CEUTA






A ESCOLA DE DANZA "PERLA DE AROSA" EMBAIXADORA DE VILAGARCÍA NAS FESTAS DO APÓSTOLO-2011 NA CIDADE AUTÓNOMA DE CEUTA
Cunha invitación do Centro Galego ceutí e do Concello de Ceuta o grupo de danza Aires de Dorna da Asociación de Amas de Casa de Ribeira e a Escola de Danza "Perla de Arosa" de Vilagarcía de Arousa realizarán unha viaxe de carácter turístico e cultural para representar á Comarca de Arousa e a Galicia nas Festas de Santiago Apóstolo e no Día de Galicia na cidade de Ceuta.
A embaixada vilagarciana partirá o xoves 21 ás 20:30 h. xunto cos compañeiros de Ribeira para desplazarse en autobús deica a cidade de Alxeciras para dende alí trasladarse en ferry deica Ceuta.
O venres 22 disporán do día para o coñecemento turístico e lúdico da fermosa cidade de Ceuta.
O sábado 23 serán recibidos oficialmente no Salón Noble do Concello por parte do Alcalde de Ceuta e procederase a un intercambio de agasallos.
O domingo 24 na zona amurallada da cidade, onde se atopa o Centro Galego, terá lugar unha cea de gala, onde haberá unha actuación por parte dos ballets galegos de Aires de Dorna de Ribeira e de Perla de Arosa de Vilagarcía. Tanto o escenario como as mesas, onde se servirá o banquete, estarán ao aire libre, nun marco natural de envidiable beleza onde se pode disfrutar dunha fermosa panorámica da cidade ceutí.
O luns 25 de xullo, Día de Santiago Apóstolo e Día de Galicia os grupos participarán ataviados cos nosos fermosos traxes rexionais na Misa e nun pasarrúas polas principais rúas de Ceuta. Despois do xantar a delegación arousana emprenderá o retorno á Nosa Terra.

Desexamos unha boa viaxe, estancia en Ceuta e feliz retorno aos nosos bailaríns e gaiteiros e que deixen ben alto o pavillón galego nas lonxanas e belidas terras ceutíes. - A DIRECTIVA DA ASOC. CULTURAL "PERLA DE AROUSA" DE VILAGARCÍA.

viernes, 1 de julio de 2011

JOSÉ JUAN DURÁN, SOCIO DE HONRA

Na reunión da Xunta Directiva da Asociación Cultural "Perla de Arousa" do día 18/06/2011, tomouse a resolución unánime de nomear Socio de Honra da asociación polos méritos contraidos, pola súa bonhomía e polo seu benfacer no eido da cultura a D. José Juan Durán Hermida.

Despois desta decisión da xunta directiva, na primeira aparición pública do Ballet Galego da Escola de Danza "Perla de Arosa", que foi o luns 27/06/2011, dentro das actividades programadas da Semana Náutica de Vilaxoán, sobre as 21:30 h. fíxoselle entrega pública do nomeamento a D. José Juan Durán Hermida, a quen se lle rendeu un merecido homenaxe e se lle amosou o cariño que Perla de Arousa lle tributa.

Noraboa ao homenaxeado con desexos de moito éxito na súa vida.

sábado, 9 de abril de 2011

ÚLTIMAS ACTUACIÓNS DE PERLA DE AROSA

A vida de Perla continúa: ensaios periódicos, as clases,... Ultimamente desenvolvemos algunhas actuacións que xa están no caixón das boas lembranzas, como por exemplo:

- O domingo 13 de marzo, actuación do Ballet Galego no Auditorio de Ribadumia co motivo do L aniversario da creación do Club de Fútbol Ribadumia.

- O mércores 23 de marzo, actuación de Ballet Galego, interpretando o Virapé na homenaxe que lle tributou o Liceo Casino ao artista vilagarcián, MANUEL REY POSSE (1890-1952).

- O domingo 3 de abril, actuación de Ballet Clásico no Auditorio de Ribadumia.

- O venres 8 de abril, actuación de Ballet Clásico na "Casa do Pescador" de Vilanova de Arousa co motivo da presentación do Plan Cultural de Deputación na Comarca do Salnés

OS VÍDEOS CORRESPÓNDENSE COA PRIMEIRA ACTUACIÓN CITADA EN RIBADUMIA..

sábado, 12 de marzo de 2011

NOVA VISITA DE JOSÉ JUAN DURÁN HERMIDA





Ás 14:00 h. do sábado, 12 de marzo de 2011, realizou unha visita ás instalacións da Escola de Danza "Perla de Arosa" o Vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra e Deputado Delegado de Cultura, José Juan Durán Hermida, para facer entrega da subvención á Asociación Cultural "Perla de Arousa", correspondente ao ano 2010, nunha contía de 4.000 € e tamén para manifestar o respaldo da Deputación ao proxecto Perla de Arousa, no labor de formación de ballet e danza galega de tantas mozas e mozos da nosa cidade e comarca.

Compartiu uns intres do ensaio sabatino da Escola, centrado na danza galega e na preparación de espectáculos e próximas actuacións. Mañán mesmo ás 19:30 h., Perla de Arosa actuará no L Aniversario do Club de Fútbol de Ribadumia, no Auditorio da fermosa e importante vila saliniense. E o día 8 de abril participará nun festival folclórico na vila de Valle-Inclán, na igualmente fermosa e recoñecida, Vilanova de Arousa.

Ao final desta visita, a Presidenta da Asociación e Directora da Escola, Elena Parada e o Tesoureiro, Xermán Torres tiveron unhas verbas de recoñecemento e agradecemento ao apoio da Deputación, na persoa do seu Vcpte., José Juan Durán Hermida, quen se caracteriza por ser un magnífico valedor de Perla de Arosa.

jueves, 13 de enero de 2011

ENTRE TODOS BOTEMOS A CRISE FÓRA, FELIZ 2011




A ASOCIACIÓN CULTURAL "PERLA DE AROUSA" E TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DA ESCOLA DE DANZA "PERLA DE AROSA" DESEXAN PARA TODOS UN MOI FELIZ E EXITOSO ANO 2011, QUE MEIGAS FÓRA, PODEREMOS TODOS COA MALDITA CRISE E FAREMOLA FUXIR PARA SEMPRE DAS NOSAS VIDAS. ÁNIMO A TODOS E A TODAS E FORZA, MOITA FORZA; E MERDA, MOITA MERDA.

DESEXAMOS TER EN CONTA E AGRADECER A SÚA INESTIMABLE COLABORACIÓN E AMOSARLLES TODO O NOSO CARIÑO AO GRUPO DAS AMAS DE CASA DE RIBEIRA, QUE SEMPREN CONTAN CONNOSCO E FAVORECEN E PROPICIAN QUE TEÑAMOS GRANDES E INESQUECIBLES EXPERIENCIAS, SOBRE TODO NAS MAGNÍFICAS VIAXES QUE ORGANIZAN, COMO A ÚLTIMA E MARABILLOSA ESTANCIA EN NEW YORK E NEW JERSEY, QUE ENDEXAMAIS ESQUECEREMOS. GRAZAS, MOITAS GRAZAS AMIGOS E AMIGAS DE RIBEIRA. E COMO DIXO ÁLVARO CUNQUEIRO, DO QUE CELEBRAMOS O CENTENARIO DO SEU NACEMENTO: "ATA OUTRA MILLORADA". BICOS.

E NON PODEMOS OLVIDARNOS DO NOSO QUERIDO, RESPECTADO E ADMIRADO D. JOSÉ JUAN DURÁN HERMIDA, VCPTE. DA EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, QUEN TANTO NOS AXUDOU E PROMOCIONOU, NUNCA PODEREMOS PAGARLLE TODO O QUE FIXO POR NÓS E TODO O QUE COLABOROU CONNOSCO, MIL GRAZAS A EL E A INSTITUCIÓN PROVINCIAL POLO SEU APOIO. AGARDAMOS SEGUIR NESA LIÑA DE COLABORACIÓN E AMIZADE. MIL GRAZAS.

TAMÉN AGRADECER A TODAS AS INSTITUCIÓNS E PERSOAS QUE NOS SIGUEN E ALENTAN, COMO Á CONSELLERÍA DE CULTURA DA XUNTA DE GALICIA, Á AUTORIDADE PORTUARIA DE VILAGARCÍA, AO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA, AOS CONCELLOS DE VILANOVA, SANXENXO, BAIONA, RIBEIRA, AO POBO DE VILAGARCÍA, A AROUSA, SALNÉS, BARBANZA,... GRAZAS A TODOS E MOI FELIZ ANO 2011. (PERDÓN, SE NOS ESQUECEMOS DALGUÉN, FOI SEN INTENCIÓN ALGUNHA).

AGARDAMOS PODER SEGUIR FORMÁNDONOS (MIL GRAZAS ÁS PROFESORAS E Á ASOCIACIÓN) E PREPARANDO MOITOS ESPECTÁCULOS DE BALLET CLÁSICO E DE DANZA GALEGA PARA DISFRUTAR TODOS XUNTOS E ESPANTAR Á MALDITA CRISE, XESÚS!!!

VENTUREIRO 2011