Powered By Blogger

jueves, 29 de abril de 2010

PROXECTO NEW YORK - 10/10/2010


Despois das exitosas actuacións no Auditorio de Ribadumia (18/04/2010) e na Presentación do Plan Cultural da Deputación Provincial de Pontevedra, desenvolvida no Auditorio da Cidade Príncipe Felipe (23/04/2010) e das actuacións que temos pendentes, moitas delas na recepción de cruceiros da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e das que teremos no verán, temos as nosas máximas ilusións postas no PROXECTO NEW YORK, que se trata do seguinte:


Fomos invitados polas Casas de Galicia e de España a participar no Desfile da Hispanidade, que terá lugar o domingo 10 de outubro de 2010 en New York, indicáronnos ademais que participariamos abrindo o desfile, é dicir, en primeira liña, despois das bandeiras que abren o acto.


Se podemos lograr ese soño e damos o salto ao charco, pasariamos con ese motivo unha semana en terras americanas facendo de embaixadores de Arousa, de Galicia e de España. Celebrariamos cos nosos emigrantes o Xacobeo-2010 e participariamos nese desfile tan importante do Día da Hispanidade.


PRECISAMOS DE TODAS AS AXUDAS PARA LEVAR ADIANTE ESTE PROXECTO


"PERLA DE AROSA" EN NEW YORK REPRESENTANDO A NOSA COMUNIDADE