Powered By Blogger

miércoles, 17 de marzo de 2010

PERLA DE AROSA PARTICIPA NO ESPECTÁCULO ESCENOGRÁFICO GALEGO


Este próximo sábado día 20, ás 21:00 h., no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa e en beneficio do "Club de Leones", o corpo de ballet da Escola de Danza "Perla de Arosa" participará no denominado ESPECTÁCULO ESCENOGRÁFICO GALEGO, que segundo explica José Álvarez, un dos seus responsables, non se trata dun festival ao uso, xa que existe un fío argumental que vai enlazando todas as actuacións que se sucederán na escena, os efectos da escenografía, vestiario e iluminación estarán tratados dun xeito que quere sorprender e marabillar aos espectadores. Vanse render varios homenaxes, primeiro á figura do peregrino, oportunamente porque nos encontramos nun Ano Santo. A nosa escola renderá tributo e unha sentida lembranza ao artista vilagarcián, Manolo Rey, por medio dunha das súas creacións, o famoso "virapé".

Teremos tamén a oportunidade de disfrutar coas actuacións de:


- A Farsa da Danza das Espadas de Carril, que será interpretada por primeira vez no Auditorio da capital arousá.


- Viri Cancelo e Alberto Dosil interpretarán o sainete galego: "A medosa Blandina". Ademais como figurantes en diversos momentos do espectáculo participarán as actrices do grupo de teatro O Noso Lar.


- No apartado de música tradicional poderemos disfrutar coa participación de Os Terribles de Arousa, o grupo de gaiteiros da Asociación Cultural "Nós" de Sobradelo e un grupo instrumental.


Máis de 120 persoas, entre artistas, técnicos e colaboradores participan neste acto benéfico.


O "Club de Leones" conta coa axuda do Concello de Vilagarcía e da Deputación Provincial de Pontevedra para poder levar a bo término este espectáculo benéfico.

sábado, 6 de marzo de 2010

O NOSO ALUMNADO EXAMÍNASE NA ROYAL ACADEMY OF DANCE DE LONDRES


Xa é algo habitual, dende hai moitos anos, que as nosas alumnas e os nosos alumnos pasan as probas dos distintos cursos e niveis de ballet clásico, nas convocatorias da Real Academia de Danza de Londres. Cada ano académico, acude ás instalacións da nosa escola un examinador/a autorizado da institución británica que avalía e concede coa homologación da Academia os certificados de aptitude ao noso alumnado, que, por certo, sempre acadou excelentes resultados.
A academia londinense ten por fin promover o coñecemento e a práctica da danza a nivel internacional.

Veleiquí as páxinas WEB relacionadas coa Royal Academy of Dance:

- http://www.rad.org.uk/

- http://www.radacadabra.org/

- http://www.benesh.org/

The Royal Academy of Dance exist to promote knowledge, understanding and practice of dance internationally.
Our 17.000 members around the world are the lifeblood of the Academy and enable us to carry out our mission.